Xa están publicados a data da realización das probas do Celga xunto cos lugares onde se realizarán.
CELGA 1
- As probas para a obtención do Celga 1 serán o día 16 de xuño de 2019 e comezarán ás 9.00 horas.
- Os chamamentos para a realización da proba oral faranse por orde alfabética comezando pola letra Q.
CELGA 2
- As probas para a obtención do Celga 2 serán o día 15 de xuño de 2019 e comezarán ás 9.00 horas.
- Os chamamentos para a realización da proba oral faranse por orde alfabética comezando pola letra Q.
CELGA 3
As probas para a obtención do Celga 3 serán os días 8 e 9 de xuño de 2019 e comezarán ás 9.00 horas.
A distribución das persoas admitidas para a realización das probas será a seguinte:
8 de xuño: as persoas admitidas cuxo primeiro apelido comece polas letras Q, R, S, T, U, V, W, X, Y, Z, A, B ou C.
9 de xuño: as persoas admitidas cuxo primeiro apelido comece polas letras D, E, F, G, H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O ou P.
Os chamamentos para a realización da proba oral faranse por orde alfabética do seguinte xeito:
8 de xuño: os chamamentos comezarán pola letra Q.
9 de xuño: os chamamentos comezarán pola letra D.
As persoas admitidas no CELGA 1, 2 e 3 deberán presentarse ás 8.30 horas no lugar de realización das probas provistas de DNI, NIE ou pasaporte e bolígrafo azul ou negro.
LUGARES ONDE SE REALIZARÁN AS PROBAS
Escola Galega de Administración
Pública (EGAP)
Rúa Madrid, 2-4 (Fontiñas)
15707 Santiago de Compostela
CELGA 4
As probas para a obtención do Celga 4 serán os días 1 e 2 de xuño de 2019 e comezarán ás 9.00 horas.
As persoas admitidas deberán presentarse ás 8.15 horas no lugar de realización das probas provistas de DNI, NIE ou pasaporte e bolígrafo azul ou negro.
A distribución dos candidatos para a realización das probas será a seguinte:
1 de xuño: as persoas admitidas cuxo primeiro apelido comece polas letras Q, R, S, T, U, V, W, X, Y, Z, A, B, C ou D.
2 de xuño: as persoas admitidas cuxo primeiro apelido comece polas letras E, F, G, H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O ou P.
Os chamamentos para a realización da proba oral faranse por orde alfabética do seguinte xeito:
1 de xuño: os chamamentos comezarán pola letra Q.
2 de xuño: os chamamentos comezarán pola letra E.
LUGARES ONDE SE REALIZARÁN AS PROBAS IES Antonio Fraguas
Rúa Londres, 10 (Fontiñas)
15707 Santiago de Compostela
Na seguinte ligazón pódense consultar modelos de exame de convocatorias anteriores do celga 4 http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo/celga-4/modelos-de-exame