Condicións das persoas aspirantes.
Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2019/20 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
4. O alumnado matriculado durante o curso 2019/20 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
4.1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
4.2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.
Forma, lugar e prazos de presentación.
Os prazos de matrícula serán:
– Convocatoria de maio: 16 ao 27 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo de 2020, ambos os dous incluídos.
As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.
As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos, en Santiago de Compostela:
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Rosalía de Castro, rúa San Clemente, 3, 15705 Santiago de Compostela.
Ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED540A) que figura como anexo I https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/ed540a-g.pdf.
Documentación complementaria para a tramitación das solicitudes:
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Copia, se procede, do certificado dos ámbitos da proba superados en anteriores convocatorias ou a certificación académica de ámbitos ou materias superados.
b) Acreditación de proceder doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro no caso de que se solicite a exención de lingua galega.
c) Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento de necesidades especiais, cando esta fose recoñecida por outra Administración distinta da Xunta de Galicia.
Exención de lingua galega
Durante o período de inscrición, as persoas aspirantes poderán dirixir á dirección do centro a solicitude de exención de lingua galega para que non sexa obxecto de avaliación nesta convocatoria, acreditando a procedencia doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro.
A concesión ou a denegación da exención, farase pública cando se publiquen as listas provisionais de admitidos.
Realización das probas
As probas constarán de tres partes, e celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 29 de maio e 4 de setembro de 2020 para as respectivas convocatorias.
A sesión da mañá terá dúas partes:
Na primeira, das 9.30 horas ás 12.00 horas, realizarase a proba do ámbito científico-tecnolóxico, que inclúe exercicios das materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación Física.
Na segunda parte, das 12.15 horas ás 13.15 horas, realizarase a proba do ámbito social, que inclúe exercicios das materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación a Actividade Emprendedora Empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica e Visual, e Música.
Na sesión da tarde, das 16.00 horas ás 19.00 horas, realizarase a proba do ámbito da comunicación. Comprenderá os exercicios de:
a) Lingua Galega e Literatura: Que versará sobre Cuestións de Lingua Galega e Literatura e tamén un exercicio de redacción no que se terá en conta o xeito de estruturar os datos e os feitos, a coherencia da exposición, o vocabulario empregado, o dominio da ortografía e a presentación do escrito.
b) Lingua Castelá e Literatura. Constará de un exercicio de redacción e cuestións de Lingua Castelá e Literatura.
c) Lingua estranxeira (Inglés ou Francés).
Escala de cualificación:
A cualificación de cada ámbito outorgarase consonte a seguinte escala:
Científico tecnolóxico.
Comunicación.
Social.
Cualificación global da proba.
Os días 11 de xuño e 10 de setembro de 2020, no enderezo web http://www.edu.xunta.gal farase pública a listaxe de cualificacións provisionais de cada unha das convocatorias.