Aberto o prazo de matrícula libre na EOI para a certificación dos niveis de A2, B1, B2 y C1 dende o 13 de Marzo as 9h ata o 2 de Abril as 12h.
A matrícula en modalidade libre está dirixida ao alumnado que só quere presentarse ás probas para certificar a súa competencia nas linguas que ofrece a EOI de Santiago de Compostela.
CONSIDERACIÓNS PREVIAS:
- as restriccións de idade para a matrícula libre son as mesmas que para os estudos oficiais: é preciso ter 16 anos (cumpridos no ano natural de celebración das probas) para concorrer a probas; o alumnado de 14 e 15 anos só poderá concorrer ás probas de idiomas diferentes á súa 1ª lingua estranxeira na ESO.
- non é posible obter o certificado dun nivel equivalente a outro xa cursado nun anterior plan de estudos de EOI.
- non é necesario superar o exame de certificación dun nivel inferior para poder presentarse a un superior.
- non hai límite de convocatorias en modalidade libre.
- a diferenza da oficial, a modalidade libre só permite un único exame en xuño.
PROCEDEMENTO DE MATRÍCULA NA MODALIDADE LIBRE:
O procedemento para para matricularse nas probas de certificación en modalidade libre é como segue:
- Acceder a esta ligazón https://www.informaticacentros.com/xunta/ e matricularse nas probas de certificación dos idiomas e niveis que lle interesen.
- Pagar as taxas (consulte aquí http://www.edu.xunta.gal/centros/eoidesantiago/node/29/#procedemento_taxas como proceder ao pago das taxas; é posible que a aplicación de matrícula lle ofreza automáticamente vías para efectuar o pago).
- Formalizar a súa matrícula presentando a documentación dentro do prazo establecido na secretaría do centro ou nas seccións respectivas (Noia, Ordes, e Ribeira; o alumnado de Negreira debe formalizar a súa matícula en Vite) (consulte aquí o horario de atención da secretaría en Vite).
DOCUMENTACIÓN PARA A MATRÍCULA LIBRE:
Para formalizar a súa matrícula todo o alumnado deberá presentar no prazo indicado:
- resgardo de matrícula libre que emite a aplicación en-liña (emite 2 copias automaticamente)
- comprobante bancario ou en-liña do pago das taxas
- menores de 16 anos: certificado do seu centro indicando a súa 1ª lingua na ESO
- orixinal e copia do xustificante do dereito á exención de taxas, de ser o caso (minusvalía, familia numerosa, profesorado en activo da Consellería, etc.)
- alumnado CALC: documento de realización do curso emitido polo CFR
O alumnado que se matricula por primeira vez na EOI de Santiago de Compostela, deberá ademais presentar:
- sobre de expediente e carnet escolar, debidamente cumprimentados (recóllense na conserxería)
- orixinal e fotocopia do DNI/NIE
- 2 fotos carnet
CALENDARIO
http://www.edu.xunta.gal/centros/eoidesantiago/calendario
Probas escritas
O calendario final de probas elaborarao o centro unha vez a Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas Especiais publique as datas oficiais das Probas de Certificación. As datas das probas son inamovibles.
Probas de expresión oral
O alumnado será convocado oficialmente para realizar a proba de expresión oral no día e hora que determine o departamento correspondente, e poderá celebrarse con anterioridade ou posterioridade á proba escrita. O feito de que haxa máis dun día para a realización de ditas probas non implica que o alumnado poida elixir o día e hora na que se vaia presentar. Polo tanto, todo alumno/a deberá consultar as convocatorias oficiais das probas de expresión oral.
Modelos de probas
Nesta ligazón http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/2018.06.10_modelos_probas_eoi_galicia.pdf pode acceder a modelos de probas de certificación das EOI de Galicia.